martes, 16 de diciembre de 2008

XUVENTUDE, XERACIÓN DE LUCES E SOMBRAS



Podemos partir da constatación obxectiva de que estamos non só nunca época de cambios, senón tamén ante un cambio de época no que todos estamos incluidos, non só os nosos xóvenes, e que polo tanto tamén nos toca ós adultos cuestionar o noso mundo para poder dar unha resposta positiva ó deles.

Unha das características máis subliñables que vexo, é que os nosos xóvenes están ante un futuro incerto que os abruma e no que quizáis non pensen con demasiada madurez, pero tamén é certo que éste, que podería ser un valor, deixa de selo porque prima na súa vida o presente, o “xa” e o “agora”. Pensar no futuro quedou esquinado en pro da búsqueda do pasalo ben, disfrutar da vida, e adquirir no menos espacio de tempo todo tipo de experiencias que os fagan homes e mulleres, tamén “xa” e “agora”. E ó mesmo tempo a xuventude é unha idade autorreferencial, é decir, defínese en referencia a sí mesma independentemente do mundo adulto.

Non é menos chamativo o ver como o ser xove é un obxectivo en si mesmo, polo tanto é lóxico deducir que os xóvenes non están nin moito menos apurados por ser adultos, viven a xuventude como unha etapa válida en sí mesma, viven unha especie de presente continuo que non se define por ningunha finalidade e proxecto que os trascenda, é máis, os compromisos que vaian adquirindo son puntuais, unha vez adquiridos ou acadados, dilúense. O mundo adulto foise desmitificando como meta atractiva e incluso xa os adultos queren voltar a ser xóvenes.

Facer unha análese de cómo é a nosa xuventude non é doado en tan poucas liñas, quizáIs os xa indicados sexan uns rasgos entre outros moitos que a caracterizan pero que non deixan de acotala. Así e todo teño postas ilusións e esperanzas nesta xuventude á que todos criticamos con demasiada facilidade pero á que nos custa ver como o motor da nosa sociedade e como a fiestra do noso futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario