martes, 16 de diciembre de 2008

HOMES E MULLERES NON SOMOS IGUAIS


¡Tranquil@s! só vos pido que rematedes de ler estas liñas. Sei que o título é polémico, discutible, opinable, pero permitídeme, tamén respetable. De seguro que algunhas mulleres e homes que o estades a ler me tachades de machista, de seguro que sodes desos homes e mulleres que non me coñecedes. Todo tén a súa explicación. Entendédeme ben, os dous somos iguais en dereitos, en dignidade, en oportunidades laborais e de todo tipo, incluso ben sabedes que me gustaría que na Igrexa a muller tivese cada vez máis un papel saliantable, importante, punteiro, con cargos de responsabilidade…
Pero, non me refiro a esta desigualdade. Unha das razóns que se aluden para explicar os malos tratos ás mulleres é precisamente dicir que os homes non respetan que as mulleres teñen que ser iguais ca nós. ¿De verdade credes que os homes e as mulleres temos que ser iguais? A nosa ex-ministra de sanidade dixo en Xinebra que "A violencia de xénero non se exercería contra as mulleres se os homes as considerasen iguais, temos que avanzar en políticas de igualdade". Permítanme dicir a isto, que si realmente pensamos que a xénese dos malos tratos está nesta pretensión de igualdade, mal encamiñados imos. Evidentemente non podemos pedir que unha muller teña (xeralmente) a mesma forza física ca un home, non podemos pedir que un home (pola súa constitución psicolóxica, e falamos xeralmente), teña a mesma sensibilidade para a beleza, para o cuidado físico, para os detalles, para a dozura, para a ternura incluso…, características que as aporta o seu ser de nais, ou de futuras nais… nesto, non somos iguais, e non por desgracia senón diría eu, gracias a Deus, e que nos podemos enriquecer nesta diversidade.

¿Cal é a razón, pois, baixo o meu punto de vista, dos malos tratos? Supoño que non debemos de xeralizar, pero aí está a prepotencia, o saber que esa muller non poderá respostar a esa abofada (e por iso xa non se queda só nos insultos, que si son contestables), o querer ter un dominio total e absoluto sobre “alguén” que cren da súa posesión, e evidentemente tamén está o desequilibrio mental, psicolóxico que debe de correxirse. Permitídeme rematar cunha pregunta, ¿é posible maltratar e incluso matar a alguén a quen amas profundamente se non é debido a un desiqulibrio mental? A razón máis poderosa creo que é esa.
Espero que un día podamos ver que os malos tratos van a menos, pero nunca foron nin serán erradicados, porque sempre teremos a xente que se adique a aniquilar o que xa non poden controlar ou dominar. Coidemos destas mulleres, teñámolas preto de nós, axudémoslles a sair adiante, escoitémolas e axudémolas a poder reconstruir unha vida digna que é o que todo ser humano se merece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario